Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34925

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería, convocado pola Orde do 1 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 12 de xuño).

Mediante a Orde do 1 de xuño de 2012 convocouse concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería (DOG do 12 de xuño).

Resoltas as reclamacións e admitidas as renuncias producidas á resolución provisional, esta dirección xeral, de acordo co establecido no artigo 8 da citada orde,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a resolución definitiva do concurso no anexo desta resolución, indicando o persoal docente seleccionado xunto cos postos adxudicados.

Segundo. O persoal docente que resulte seleccionado por esta convocatoria quedará adscrito aos postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2012, (cesarán nos seus postos con data do 31 de agosto do mesmo ano), e permanecerán neles en réxime de comisión de servizos, con reserva do posto de traballo de orixe, por un período dun ano, renovable ano a ano ata un máximo de seis; establecerase un proceso de avaliación do exercicio da súa actividade que, no caso de ser positiva, determinará a súa continuidade.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, o persoal interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2012

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Nº praza

Denominación da praza

Candidatos seleccionados

Destino

1

Asesores Siega-Abalar de Zona: apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar

Salgado Álvarez, Ignacio Amando

Secretaría Xeral Técnica (Allariz)

Blanco Madernaz, Antonio

Secretaría Xeral Técnica (O Barco de Valdeorras)

Iglesias Diz, Xosé Manuel

Secretaría Xeral Técnica (Tui)

2

Asesoría Siega-Abalar Desenvolvemento

García Rodríguez, César Valentín

Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela)

Varela Gestoso, Fernando

3

Asesoría Siega-Abalar Xade

Iglesias Rivera, Mª Montserrat

Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela)

4

Asesoría de emprendemento no sistema educativo

Moya Fernández, Mª Teresa

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

5

Asesoría de promoción e difusión da FP

Álvarez Martínez, Mª Pilar

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

8

Asesoría de rede de centros integrados de formación profesional

Pedre Lorenzo, Mª Ángela

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

9

Ordenación e desenvolvemento curricular na formación profesional

Rey Rilo, José Manuel

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

10

Desenvolvemento curricular de ciclos formativos e programas de cualificación profesional inicial

Torres Cancela, Sonia

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

11

Coordinación de carnés e habilitacións profesionais

Villaverde Aboal, Rafael

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

12

Asesoría de acceso e admisión a ciclos formativos

Gómez Rodríguez, Ana Mª

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

13

Asesoría de innovación educativa

Taboada Martínez, Julita

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

14

Asesoría de programas educativos

Baña Rial, Mª del Carmen

Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa

Martínez Baleirón, Mónica

Viña Díaz, Sofía