Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34923

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, pola que se dá publicidade á relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 30 de xullo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), de conformidade co disposto na base IV.2,

Acordou:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De acordo coa dita base, os aspirantes dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista nas letras a), b), c) e d) da citada base.

Segundo. Elevar a devandita relación á Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que os aspirantes que figuren nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Terceiro. Contra esta resolución, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2012

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal

Anexo

Apelidos e nome

NIF

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

1

Silva Seoane, Águeda

77416228E

13,68

17,83

15,77

Exenta

47,28

2

Gómez Piñeiro, Isaac

77415576Z

15,61

16,17

15,01

Exento

46,79

3

Carral Sánchez, Rocío

76579228S

14,03

19,23

13,14

Exenta

46,40

4

Tobío Boquete, José Manuel

32837223P

17,19

18,10

10,19

Exento

45,48

5

López Vázquez, Tamara

32834742B

12,80

13,13

14,79

Exenta

40,72

6

Jiménez Calvente, Manuel Javier

75877582F

12,98

13,50

13,06

Exento

39,54

7

Almeida Salleres, Guillermo

47369738L

15,08

11,33

13,02

Exento

39,43

8

Varela Casal, Natalia

36167471V

12,63

14,83

11,21

Exenta

38,67

9

Subiela Gómez, Tamara

47367139L

13,50

10,01

14,46

Exenta

37,97