Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34930

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (399/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 399/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña a dezaoito de xullo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo nº 399/2010, seguidos por instancia de Fernando Pérez Rey, representado pola letrada Sra. Varela Andrade, contra a empresa Construcciones Moncho Fuentefría, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Fernando Pérez Rey, representado pola letrada Sra. Varela Andrade, contra a empresa Construcciones Moncho Fuentefría, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de 25.000 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Construcciones Moncho Fuentefría, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xullo de 2012

A secretaria xudicial