Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (390/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 390/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 13 de xullo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo nº 390/2010, seguidos por instancia de María Carlota Perina Alonso, Mónica Yanguas Viña e María Teresa Piñeiro Cabarcos, representadas polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa María Manuela García Fraga que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de dereito e cantidade.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por María Carlota Perina Alonso, Mónica Yanguas Viña e María Teresa Piñeiro Cabarcos, representadas polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa María Manuela García Fraga, que non comparece e o Fogasa, que tampouco non comparece, debo declarar e declaro o dereito das demandantes a ocupar a categoría profesional de técnico superior en educación infantil, e condeno a demandada a se ater a esta declaración e a aboar a María Carlota Perina Alonso a cantidade de 2.928,72 euros; a María Teresa Piñeiro Cabarcos a cantidade de 2.490,28 euros; e a Mónica Yanguas Viña a cantidade de 2.459,34 euros, en concepto de paga extraordinaria de xuño e de decembro, e diferenzas salariais entre o grupo III en que están clasificadas e o grupo II, en que lles correspondería estar, cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa María Manuela García Fraga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xullo de 2012

A secretaria xudicial