Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1427/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 1247/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 20 de xullo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo nº 1247/2009, seguidos por instancia de Pedro Esmorís Barra, Francisco Varela Segade e Modesto Figueroa Moreira, representados polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Proxescon-5, S.L. que non compareceu no acto de xuízo, o seu administrador concursal, que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando a demanda formulada por Pedro Esmorís Barra, Francisco Varela Segade e Modesto Figueroa Moreira, representados polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Proxescon-5, S.L., que non compareceu no acto de xuízo, o seu administrador concursal, que non comparece e o Fogasa, que tampouco non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao Sr. Esmorís Barra, a cantidade de 1.138,61 euros; ao Sr. Varela Segade, a cantidade de 1.138,61 euros, e ao Sr. Figueroa Moreira, a cantidade de 1.138,61 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Proxescon, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xullo de 2012

A secretaria xudicial