Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34935

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (391/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento 391/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña a seis de agosto de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo nº 391/2012, seguidos por instancia de Alioune Deme, que comparece asistido do letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L. que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece no acto de xuízo, sobre despedimento.

Ditame:

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Alioune Deme, que comparece asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece no acto de xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza. Esta opción deberase exercer no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen se optar, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada Pavimentos Compavi, S.L., segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: 3.523,56 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a presente sentenza, calculados a razón de 40,26 euros/día.

Terceiro. Así mesmo, estimándose a reclamación de cantidade efectuada por Alioune Deme, que comparece asistido do letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece no acto de xuízo, debo condenar e condeno a Pavimentos Compavi, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de 539,31 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Pavimentos Compavi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de agosto de 2012

A secretaria xudicial