Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de información pública sobre o convenio urbanístico de planeamento para a delimitación dun ámbito de solo urbanizable.

Con data do 7 de agosto de 2012 foi negociado e subscrito o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a delimitación dun ámbito de solo urbanizable de uso industrial mediante a modificación puntual das normas subsidiarias do Concello de Taboada, por providencia de Alcaldía de data 8 de agosto de 2012, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais do Concello de Taboada das 10.00 ás 14.00 horas, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

Taboada, 8 de agosto de 2012

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde