Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34891

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de servidores e dun sistema de almacenamento da información (expediente AB-FUS1-12-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 881 54 74 90/881 54 64 31.

5. Fax: 881 54 67 28.

6. Correo electrónico: compras.061@sergas.es

7. Perfil do contratante: www.sergas.es

c) Número de expediente: AB-FUS1-12-011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de servidores e dun sistema de almacenamento da información.

c) División por lotes e número de lotes: si. Dous.

– Lote I: servidores.

– Lote II: sistema de almacenamento da información.

d) Prazo de execución/entrega: 75 días desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 48820000-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Orzamento máximo de licitación.

a) Lote I. Importe neto: 100.000 €. Importe total: 121.000 €.

b) Lote II. Importe neto: 88.135,60 €. Importe total: 106.644 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

2. Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non.

8. Apertura das ofertas.

a) Dependencia: sala de xuntas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: ver pregos.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2012

José Antonio Iglesias Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061