Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación definitiva de terreos incluídos no ámbito da unidade de actuación nº 24 do PXOU de Pontevedra.

Procedemento de expropiación forzosa por taxación conxunta dos terreos incluídos no ámbito da unidade de actuación nº 24 do PXOU de Pontevedra, entre as rúas Francisco Tomás y Valiente, Conde de Bugallal e rúa de nova apertura, en execución do PERI da UA 24 e das estipulacións do convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia o 10 de maio de 2010, para a construción do novo edificio xudicial na zona da Parda.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 23 de xullo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Desestimar as alegacións formuladas no período de información pública do expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a obtención dos terreos do ámbito da unidade de actuación número 24 do PXOU de Pontevedra -polígono de 6.651 m2, sito entre as rúas Francisco Tomás y Valiente, Conde de Bugallal e rúa de nova apertura perpendicular a esta- por Andrés Méndez González- e/r de Esther Sagrario González García, Manuel Santos González e Carmen González Lorenzo-, excluíndo expresamente o predio nº 15 deste procedemento expropiatorio, as formuladas por José Manuel Torres García e Eugenio Sobral Fernández e/r de Construcuatro, S.A., en relación co predio nº 10, e por Claudina Portas Arís respecto do predio nº 14 do proxecto. Estimar as alegacións achegadas por Carmen Piñeiro Durán, que actúa en nome propio e e/r da comunidade hereditaria de Josefa García Muiños, e estimar parcialmente, no sentido expresado no fundamento xurídico IX do presente acordo, as formuladas por Rafael Córdoba Piñeiro, por Mercedes Martínez Domínguez, por Sindo Cuñarro Pintos en nome propio e e/r da comunidade de propietarios que conforma con Fernando Cuñarro Pintos, Mª de las Mercedes Otero Rodríguez e Mª Eva Outón Veloso, e por Luis Pedrouso Vidal e desestimar tamén as alegacións formuladas por Celina Matías Bertolo, e/r de ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) e por Claudina Portas Arís respecto do predio nº 16, sen prexuízo da consideración de ambos como interesados e de estimar a súa titularidade como controvertida ou litixiosa, con comunicación do presente acordo ao Ministerio Fiscal. Todo isto con base no informe emitido conxuntamente polo arquitecto redactor do proxecto, José Magdalena Nogueira, colexiado número 1.622 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e pola arquitecta municipal adscrita á Oficina Técnica de Arquitectura, do 9.4.2012, e por esta última o 9.7.2012, que se incorporan ao texto do presente e serven de motivación consonte o disposto no artigo 89.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e polas demais motivacións expresadas no expositivo do presente.

Segundo. Aprobar definitivamente o expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta dos terreos incluídos no ámbito da unidade de actuación número 24 do PXOM segundo proxecto refundido subscrito polo arquitecto José Magdalena Nogueira, datado en xuño de 2012, que contén a valoración do solo expropiado e inclúe as follas de prezo xusto individualizadas, supervisadas e confirmadas pola arquitecta municipal da OTA e introduce as modificacións subsecuentes ás alegacións estimadas, total ou parcialmente, durante o período de información pública e á supresión dos predios e porcións xa expropiadas nos expedientes número 211-369-1996: Proxecto de taxación conxunta para a expropiación dos espazos periféricos do antigo cárcere da Parda (franxa correspondente ao noiro da rúa Francisco Tomás y Valiente) e no expediente expropiatorio do proxecto complementario número 1 do proxecto construtivo: Eixe atlántico de alta velocidad; tramo: Pontevedra-Cerponzóns.

A presente expropiación ten por finalidade a execución xurídica do PERI aprobado no Pleno do 20 de xaneiro de 2011 e o cumprimento dos compromisos asumidos no convenio asinado entre o Concello e a Xunta de Galicia, o 10 de maio de 2010, para a adquisición dos predios referidos para a posterior cesión gratuíta e libre de cargas á Administración autonómica para a construción do novo edificio xudicial desta cidade.

A relación de propietarios-as/copropietarios-as e fraccións de propiedade obxecto de expropiación da UA 24 que se corresponde co polígono catastral nº 2724, consonte o proxecto expropiatorio refundido redactado por José Magdalena Nogueira, datado en xuño de 2012, é a que se reflicte a continuación:

Predio

Titularidade

4 (porción)

Rafael Córdoba Piñeiro e Dolores Muíños García

5

María de las Mercedes Otero Rodríguez, Fernando Cuñarro Pintos, María Eva Outón Veloso e Sindo Javier Cuñarro Pintos

6 (porción)

Mercedes Martínez Domínguez

7

Luis Pedrouso Vidal

8

Descoñecido

9

Carmen Piñeiro Durán, Concepción Piñeiro Durán, Cándida Piñeiro Durán e Manuel Piñeiro Durán

10

Construcuatro, S.A.

11 (porción)

Juan Manuel Estévez Otero e María Pilar Freijeiro Muñiz

12 (porción)

Juan Manuel Estévez Otero e María Pilar Freijeiro Muñiz

13 (porción)

Os Regos Promociones, S.L.

14 (porción)

Mercedes Tomé Loureiro e Marina Tomé Loureiro

16 (porción)

Litixiosa entre Claudina Portas Arís e ADIF

Terceiro. Notificarlles o contido desta resolución aprobatoria do proxecto, de xeito individualizado, a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, ao cal se xuntará a folla de prezo xusto definitivamente aprobada, e conferirlles un prazo de vinte días (20) durante o cal poderán manifestar por escrito, ante este concello, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, con advertencia de que, transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixa neste acto e determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade. Os erros non denunciados e xustificados no dito prazo non darán lugar á nulidade ou reposición das actuacións sen prexuízo do dereito á indemnización que corresponda.

Notifíquese tamén o presente acordo ao Ministerio Fiscal por mor da existencia dun predio descoñecido (nº 8) e doutro de titularidade controvertida ou litixiosa (nº 16), con comunicación deste acto administrativo á Delegación do Ministerio de Economía e Facenda ou órgano que o substitúa, á Xerencia Territorial do Catastro, ao Ministerio de Fomento e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

Cuarto. Advírtese que a aprobación definitiva do presente expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados e que o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario o seu importe, na forma determinada pola lexislación básica do Estado. De manifestarse por escrito a desconformidade, darase traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia para os efectos de fixar o prezo xusto de xeito definitivo.

Quinto. Dispor a publicación deste acordo, que pon fin á vía administrativa, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, na páxina web http://www.pontevedra.eu e no taboleiro de editos do concello, con ofrecemento do réxime de recursos procedentes contra aquel. Pode interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción conferida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes de acordo co establecido no artigo 117.2 da dita Lei 30/1992, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 43.2 do mesmo corpo legal, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998. Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados xulguen procedente consonte dereito.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

Pontevedra, 1 de agosto de 2012

Antonio Louro Goyanes Raimundo González Carballo
Alcalde accidental Concelleiro secretario da Xunta
de Goberno Local