Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de información pública sobre expediente de actividade gandeira de Granjas Corno de Boi, S.C.

Granjas Corno de Boi, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación agropecuaria: ampliación de corte de vacún de carne, esterqueira, nave de porcino e fosa de zurro, que se situará no lugar de Fontefría, na parroquia de San Xurxo de Augas Santas. Cumprindo o disposto no artigo 8.1. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Palas de Rei, 9 de agosto de 2012

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde presidente