Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34882

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público 2012.

Con data vinte e tres de agosto de dous mil doce a alcaldía ditou a resolución número dous mil cento sesenta, que literalmente se transcribe a continuación:

O orzamento muncipal para o exercicio 2012 está aprobado e en vigor, vista a súa publicación definitiva (BOP nº 151, do 9 de agosto de 2012).

Así mesmo, tal e como se desprende do expediente, transcorreu o prazo previsto no artigo 70.2 da Lei de bases de réxime local, Lei 7/1985, do 2 de abril (remisión do acordo á Subdelegación do Goberno e á Xunta de Galicia), dado que a aprobación definitiva da relación de postos municipal se produciu por acordo plenario o pasado 27 de xullo de 2012, publicada no BOP nº 148, do 6 de agosto de 2012.

Artigos 69.2 e 70.1 da Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto básico do empregado público e artigos 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 128.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido sobre disposicións legais vixentes en materia de réxime local, que dispoñen que as corporacións locais aprobarán e publicarán anualmente, dentro do prazo dun mes desde a aprobación do seu orzamento, a oferta de emprego público para o ano correspondente, axustándose á lexislación básica do Estado sobre función pública.

Vista a competencia outorgada a esta alcaldía prevista no artigo 21.1 g) da Lei 7/1985, do 2 de abril,

RESOLVO:

Primeiro. Sexa aprobada a oferta de emprego público para o exercicio 2012, co seguinte detalle:

Clasificación:

Área: Secretaría.

Servizo: Secretaría.

Denominación do posto: auxiliar administrativo.

Complemento de destino: nivel 18.

Complemento específico: 5.071,78 €.

Adscrición: Administración local, grupo C2, escala de Administración xeral, subescala auxiliar.

Titulación académica: graduado/a en ESO.

Funcións: as sinaladas no artigo 169.1 d) do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Forma de provisión: posto para funcionarizar. Concurso-oposición ao abeiro do disposto na disposición transitoria segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Clasificación:

Área: Urbanismo.

Servizo: Urbanismo.

Área: Área Económica.

Servizo: Intervención.

Segundo. De conformidad co preceptuado no número 1 in fine do artigo 70 do Estatuto básico do empregado público, o prazo máximo para a convocatoria dos correspondentes procesos selectivos será de 3 meses contados desde a publicación da presente OEP no Diario Oficial de Galicia.

Noia, 23 de agosto de 2012

Xosé Bieito González Domínguez
Alcalde en funcións