Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34721

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do concelleiro de Goberno responsable da Área de Réxime Interior e Persoal de revogación parcial da resolución pola que se aprobou a convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes incluídas na OEP 2008 (praza biólogo).

O concelleiro de Goberno Responsable da Área de Réxime Interior e Persoal mediante Resolución do 2 de agosto de 2012, dispuxo o seguinte:

«(...) Primeiro. Revogar parcialmente a Resolución do concelleiro de Goberno Responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica con data do 8 de febreiro de 2010, pola que se aprobou a convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes incluídas na OEP do ano 2008 (cuxo anuncio se publicou no BOP, núm. 32, do 17 de febreiro de 2010), no que atinxe á convocatoria do proceso selectivo correspondente á praza vacante de biólogo clasificada no grupo A, subgrupo A1, da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior dado que, tal e como se pon de manifesto na parte expositiva da presente resolución, xa non existe praza nin posto da mesma categoría nos instrumentos de ordenación municipais para o ano 2012 (cadro de persoal anexo ao orzamento para o ano 2012 publicado no BOP núm. 47 do 7 de marzo e relación de postos de traballo do Concello de Pontevedra publicada no BOP núm. 56, do 20 de marzo) coa conseguinte ausencia de consignación orzamentaria e, así mesmo, que a dita praza xa non se atopa recollida en oferta de emprego ningunha, polo que non procede celebrar o proceso selectivo convocado para a devandita categoría.

Segundo. Publicar esta resolución no Boletín Oficial da provincia, xunto co réxime de recursos que proceda consonte a dereito e, así mesmo, remitir un anuncio da presente resolución revogatoria ao Diario Oficial de Galicia e ao Boletín Oficial del Estado, para xeral coñecemento e efectos. (...)».

Rrecursos procedentes.

Contra o precedente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse polos interesados ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes a contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito.

Pontevedra, 3 de agosto de 2012

Antonio Louro Goyanes
Alcalde accidental