Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34723

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para a legalización de taller mecánico.

Abel González Villanueva solicitou desta alcaldía licenza municipal para acondicionamento á normativa vixente e legalización de actividade de taller mecánico existente, situado na estrada xeral, nº 32, Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Rodeiro, 3 de agosto de 2012

Luís López Diéguez
Alcalde