De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o sistema arbitral de consumo, o artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación, emprázanse a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, sede da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2012
José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia
ANEXO
Expediente: 15R001/2414/2006.
Interesada: Mejoras del Gas, S.L.
CIF: B18643338.
Acto notificado: laudo arbitral do 21 de maio de 2012.