Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se modifica a Resolución do citado órgano, do 19 de xullo de 2012, pola que se anuncia a contratación do servizo de realización de probas de laboratorio para os centros dependentes do Servizo Galego de Saúde (AI-SER1-12-026).

Respecto do anuncio de licitación publicado no DOUE o 4.8.2012 e da Resolución da Dirección de Recursos Económicos de data 19 de xullo de 2012, publicada no BOE do 9.9.2012, e no DOG do 13.8.2012, cómpre facer as seguintes modificacións:

Data límite de presentación de ofertas: o día 12.9.2012.

Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas a.m. na sala 2.1 do edificio administrativo San Lázaro, do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas.

A rectificación do prazo de presentación de ofertas motívase na corrección de erros detectados nos pregos que rexen a licitación e nas aclaracións publicadas no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, www.sergas.es

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2012

Por suplencia (Resolución 6.8.2012)
Paula Camba Loureda
Subdirectora xeral de Compras e Servizos