Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34716

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ACORDO de colaboración entre o Concello de Meaño e o Concello de Marín.

Con data do 9 de marzo de 2012, os concellos de Meaño e de Marín, de acordo co previsto no artigo 6.3 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, formalizaron acordo de colaboración para a autorización de comisións de servizo de carácter voluntario por parte de funcionarios da Policía local da escala básica, categoría de policía, do Concello de Meaño no Concello de Marín, de acordo coa normativa vixente en cada momento.

Marín, 16 de marzo de 2012

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta