Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34717

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para actividade de extracción de granulados.

Cementos de Areas, S.L. solicitou licenza municipal para a actividade de extracción de granulados na parcela 1991, polígono 511 (referencia catastro rústico) na parroquia de Leira, Ordes (expte. 42/2011-2011/026/000001), cumprindo co disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no DOG– poidan examinar o expediente no Departamento de Urbanismo e Aperturas deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ordes, 22 de agosto de 2012

Manuel Regos Boquete
Alcalde