Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2012, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo de migración tecnolóxica das plataformas informáticas de operación do Sistema de información e control de operación financeira (CFX) e do Sistema de información para a xestión de riscos patrimoniais, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 12-009.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de migración tecnolóxica das plataformas informáticas de operación do Sistema de información e control de operación financeira (CFX) e do Sistema de información para a xestión de riscos patrimoniais, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 8.6.2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 55.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 55.000,00 euros. Importe total: 64.900,00 euros

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26.7.2012.

b) Data de formalización do contrato: 31.7.2012.

c) Contratista: Nática, Sistemas de Información, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 47.500,00 euros. Importe total: 56.050,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2012

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable