Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33803

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre instalación de explotación avícola en Lama de Mena (Negrelos).

María Elena Valladares Pérez solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de explotación avícola que se situará no lugar de Lama de Mena-Negrelos-Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Rodeiro, 17 de agosto de 2012

Luis López Diéguez
Alcalde