Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de licitación do punto limpo (expediente 5/2012).

1. Obxecto do contrato: contrato de concesión administrativa para a explotación e o mantemento do punto limpo de Ponteceso. Expediente núm. 5/2012.

2. Lugar de execución: punto limpo de Ponteceso.

3. Prazo do contrato: cinco anos con posibilidade de prórroga anual ata un máximo de cinco anualidades.

4. Tramitación. Procedemento. Forma de adxudicación: ordinaria. Aberto con multiplicidade de criterios. As ofertas presentaranse no prazo de quince días naturais desde o último anuncio no BOP e no DOG.

5. Orzamento base de licitación:

Canon fixo: 57.164,34 €/ano, IVE incluído. Ese canon poderá actualizarse mediante a aplicación do IPC.

6. Documentación e información: na Secretaría do Concello de Ponteceso.

Este anuncio consta íntegro na web municipal: www.ponteceso.net. Os pregos de cláusulas administrativas (cos criterios de adxudicación na cláusula 2.10) e de prescricións técnicas constan igualmente publicados no perfil do contratante, na web municipal. O regulamento regulador do funcionamento do punto limpo consta publicado no BOP do 10 de maio de 2006.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ponteceso, 13 de agosto de 2012

José Luis Fondo Aguiar
Alcalde