Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33804

VI. Anuncios

b) Administración local

Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración de gas natural para a piscina municipal, adaptación das instalacións e o seu mantemento.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da subministración de gas natural para a piscina municipal, adaptación das instalacións e o seu mantemento anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración de gas natural para a piscina municipal, adaptación das instalacións e o seu mantemento.

2. Duración do contrato e prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) de 47.331,50 €, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (en diante IVE), o IVE ascende a 9.939,62 € e o orzamento máximo de licitación por ano (12 meses), co IVE, é de 57.271,12 €. O valor estimado do contrato (duración de catro anos) é de 189.326,00 €, o IVE ascende a 39.758,46 € e o valor estimado, co IVE é de 229.084,46 €.

3. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

4. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo rematase en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil que non fose sábado.

5. Criterios de adxudicación: serán os seguintes:

a) Memoria descritiva das obras de adaptación e do mantemento das instalacións, segundo o disposto na cláusula 9ª dos pregos respectivos. Ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

b) Prezo. A puntuación máxima que se outorgará por este criterio será de cincuenta (50) puntos conforme a cláusula 10ª dos pregos que rexen esta contratación.

6. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado nas cláusulas 11ª, 12ª e 13ª dos pregos respectivos.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Garantías: provisoria, non se precisa. Definitiva, 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

9. Entidade e información: Concello de Sanxenxo - Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75.

10. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web:

www.sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 27 de xullo de 2012

Catalina González Bea
Presidenta do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo