Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33741

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1105/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1105/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Silvia Brea Crego contra José Luis Pereiras Iglesias e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 349/2012.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2012.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 1105/2011, promovidos ante este Xulgado do Social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Silvia Brea Crego, asistida e representada polo letrado Fernando Escariz contra José Luis Pereiras Iglesias, que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Decición.

Que debo estimar e admito a demanda formulada por Silvia Brea Crego contra José Luis Pereiras Iglesias e, en consecuencia, condeno este a aboarlle á demandante 12.587,07 euros, dos cales o importe de 10.744,83 euros se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Absólvese o Fogasa nesta instancia, sen prexuízo da súa responsabilidade de conformidade co artigo 33 do ET.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación en depósito da cantidade de 300 euros e no caso da empresa condenada do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación a José Luis Pereiras Iglesias, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. Dou fe.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial