Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Viza Automoción, S.A.U. para a planta de fabricación de armaduras para asentos de automóbiles localizada no concello do Porriño (Pontevedra). Clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-82.

Con data do 25.4.2008 outorgouse a Viza Automoción, S.A.U. a autorización ambiental integrada nº 2006/0356_NAA/IPPC_088 para a planta de fabricación de armaduras para asentos de automóbiles localizada no concello do Porriño (Pontevedra) da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte da súa notificación ao titular, que se efectuou o 7.5.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

«Proxecto de renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Viza localizadas no polígono industrial As Gándaras, parcela 206 C. O Porriño (Pontevedra). Data de emisión: 4.7.2012. Revisión: 01».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º-4º, 36003 Pontevedra).

– Concello do Porriño (r/ Antonio Palacios, s/n, 36400 O Porriño).

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental