Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica recuamento subestación de Verín, no concello de Verín (expediente IN407A 2012/35-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento subestación de Verín.

Situación: Verín.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 53 m dobre circuíto Laza-circunvalación con derivación ao CT Ponte Melo (32CK93) e condutor LA 110/116,2 mm2, con orixe na celosía metálica D4 paso aéreo a subterráneo da LMT 811(Laza) e 812 (circunvalación), e remate na celosía metálica D5.

– LMT aérea a 20 kV de 34 m ao CT Ponte Melo (32CK93) e condutor LA 56/54,6 mm2, con orixe na celosía metálica D4 en derivación desde a LMT 812 (circunvalación) e remate no CT Ponte Melo (32CK93).

– LMT ao CT estrada de Vilaza, aérea a 20 kV de 145 m e condutor LA 56/54,6 mm2, con orixe no poste número 22 da LMT 810 Xinzo-Cualedro e remate no CT Vilaza (32AR33).

– LMT polígono industrial Pazos-80X, subterránea a 20 kV de 1.733 m e condutor RHZ1, con orixe na cela da liña da subestación Verín II e remate na cela de liña ao centro de seccionamento polígono Pazos.

– LMT Monjas 804, subterránea a 20 kV de 3.636 m e condutor RHZ1, con orixe na cela de liña da subestación Verín II e remate no empalme 804 Monjas ao CT Formación Profesional 32SL15.

– LMT Formación Profesional-809, subterránea a 20 kV de 4.036 m condutor RHZ1, con orixe na cela de liña subestación Verín II e remate na LMT 809 ao CT avda. Portugal, 40 (32SGY9).

– LMT Vilardevós-807, subterránea a 20 kV de 3.314 m e condutor RHZ1, con orixe na cela de liña da subestación Verín II e remate no paso aéreo a subterráneo celosía metálica D14 VER 807 Vilardevós, 7.

– LMT Feces-808, subterránea a 20 kV de 3.314 m en condutor RHZ1, con orixe na cela de liña da subestación Verín II e remate no paso aéreo a subterráneo número D14 VER 807 Feces, 8.

– LMT Laza-811, subterránea a 20 kV de 3.226 m e condutor RHZ1, con orixe na cela de liña da subestación Verín II e remate no paso aéreo a subterráneo número D4 da LMT dobre circuíto Laza-circunvalación con derivación ao CT Ponte Melo (32CK93).

– LMT circunvalación-812, subterránea a 20 kV de 3.226 m e condutor RHZ1, con orixe na cela de liña subestación de Verín II e remate no paso aéreo a subterráneo número D4 .

– LMT Cualedro-Xinzo 810, subterránea de 1.454 m e condutor RHZ1 con orixe na cela de liña subestación Verín II, e remate na cela de liña no centro de seccionamento Pazos (32CJ69).

– LMT ao CT Formación Profesional (32SL15), subterránea a 20 kV de 362 m e condutor RHZ1 con orixe nos empalmes da LMT subterránea existente 804 Monjas ao CT Río Támega 32SZ47 e remate nas celas de liña do CT Formación Profesional 32SL15.

– CT intemperie estrada de Vilaza proxectado de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– CS prefabricado en polígono de Pazos.

Orzamento: 2.352.592,70 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de xullo de 2012

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial