Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Samos

ANUNCIO de información pública sobre legalización de actividade de sala de despezamento de canais, elaboración de embutidos, salgadura e envasado en Lourido Grande.

Juan José Cela Sangil solicitou desta alcaldía licenza municipal para legalización de actividade de sala de despezamento de canais, elaboración de embutidos, salgadura e envasado en Lourido Grande, de Samos. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este período, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última públicación deste edicto no DOG e no BOP, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Samos, 27 de xullo de 2012

José Antonio García Jurjo
Alcalde en funcións