Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle na confluencia das rúas de Domingo García Sabell-costa de San Francisco e Carretas-Entrerríos.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de xuño de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle na confluencia das rúas Domingo García Sabell-costa de San Francisco e Carretas-Entrerríos, formulado de oficio polo concello.

O presente acordo notificaráselles aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada. Á vez remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicación do acordo, xunto con dous exemplares do proxecto definitivamente aprobado.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data 5 de xullo de 2012, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde