Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación definitiva do estudo de detalle número 11.

De conformidade co disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, comunícase para xeral coñecemento e efectos que o Pleno da Corporación en sesión do día 23 de xullo de 2012 aprobou definitivamente o estudo de detalle nº 11 das NN.SS. de Planeamento Municipal. Con data do 27 de xullo de 2012 remitiuse a documentación correspondente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Vilanova de Arousa, 27 de xullo de 2012

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde