Teresa Vázquez Gil solicitou licenza municipal para a instalación de fosa de xurro, sometida a avaliación de incidencia ambiental, que se desenvolverá no lugar de Lamela da parroquia de Goá deste termo municipal, e neste concello tramítase o oportuno expediente.
En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, por un período de vinte días, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación, para que todos aqueles que se consideren afectados pola dita actividade poidan examinar o expediente, que se atopa á súa disposición na Secretaria municipal, e formulen por escrito reclamacións ou observacións se o consideran oportuno.
Cospeito, 30 de xullo de 2012
Armando Castosa Alvariño
Alcalde