Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública sobre instalación de nave de explotación, fosa de xurro e reforma e ampliación de zona de recría.

Pablo Carreiras Pérez, en representación de Ganadería Carreiras, S.C., solicitou licenza municipal para a instalación de nave de explotación, fosa de xurro, reforma e ampliación de zona de recría, sometida a avaliación de incidencia ambiental, que se desenvolverá no lugar do Pedo da parroquia de Santa Cristina deste termo municipal, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, por un período de vinte días, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación, para que todos aqueles que se consideren afectados pola dita actividade poidan examinar o expediente, que se atopa á súa disposición na Secretaría municipal, e formulen por escrito reclamacións ou observacións se o consideran oportuno.

Cospeito, 27 de xullo de 2012

Armando Castosa Alvariño
Alcalde