Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33674

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de licitación da concesión do servizo de abastecemento e saneamento de auga potable.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cabana de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número do expediente: 393/2012. Código: 22500.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión integral do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento no concello de Cabana de Bergantiños, mediante licitación con multiplicidade de criterios, por procedemento aberto.

b) Lugar de execución: concello de Cabana de Bergantiños.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

a) As tarifas de consumo establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga potable, pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, e pola prestación do servizo de saneamento e depuración de augas residuais, aprobada polo Pleno en sesión do día 29 de marzo de 2012 (publicación definitiva no BOP nº 104, do 4 de xuño), e que se xunta como anexo II, e que poderá ser minorado polos licitadores, tendo como límite máximo as tarifas sinaladas na ordenanza fiscal (epígrafe 1.1, 3 e 4) e na seguinte táboa:

Servizo

M3/mes

Tarifa límite

Abastecemento doméstico

≤15 m3/mes

0,40 €/m3/mes

Sumidoiros vivendas

2 €/mes/abonado

Depuración abonados con serv. mpal. abastecemento

≤15 m3/mes

0,25 €/m3/mes

b) Subvención ao concesionario para manter o equilibrio económico do contrato, pola diferenza entre as tarifas que se van percibir dos usuarios e os custos de explotación do servizo ofertados polo adxudicatario no proxecto de explotación que deberán presentar conforme a cláusula décimo primeira e que o vinculará ao longo da vida do contrato, por importe máximo de 50.000 euros, que poderá ser minorado polos licitadores.

c) As tarifas de acometida de auga potable e saneamento establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga potable, pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, e pola prestación do servizo de saneamento e depuración de augas residuais, aprobada polo Pleno en sesión do día 29 de marzo de 2012 (publicación definitiva no BOP nº 104, do 4 de xuño), e que se xunta como anexo II, e que poderá ser minorado polos licitadores, tendo como límite máximo as tarifas sinaladas nas epígrafes 6 e 7 da citada ordenanza fiscal.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 2 % do importe dos ingresos previstos polo adxudicatario durante os 25 anos de duración da concesión e que figuran no proxecto de explotación presentado a licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Cabana de Bergantiños.

Enderezo: A Carballa s/n, Cesullas, 15115 Cabana de Bergantiños.

Teléfono: 981 75 40 20. Fax: 981 72 42 29.

Perfil do contratante: www.concello-cabana.com

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 8.30 ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Concello de Cabana de Bergantiños. Rexistro Xeral. A Carballa s/n, Cesullas, 15115 Cabana de Bergantiños.

9. Criterios de adxudicación do contrato:

Os criterios contidos no prego e coa ponderación que nela se sinala. Publicados no perfil do contratante: www.concello-cabana.com

10. Apertura das ofertas:

Dentro dos 5 días hábiles seguintes ao remate do prazo para presentación de ofertas ou desde o día seguinte a entrada no Rexistro Xeral do Concello da derradeira proposta remitida por correo.

11. Gastos dos anuncios:

Serán de conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, incluídos os anuncios publicados.

Cabana de Bergantiños, 13 de agosto de 2012

José Muíño Domínguez
Alcalde