Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33673

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para ampliación de cortes.

Perfecto García Rey solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de establo en Dombate, 19, Borneiro, Cabana de Bergantiños, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por período de vinte días, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG) poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Cabana de Bergantiños, 10 de agosto de 2012

José Muíño Domínguez
Alcalde