Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza de actividade para legalización de nave de gando porcino.

Visto que por medio de acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Cabana de Bergantiños do 26 de xullo de 2012 se procedeu ao recoñecemento provisional en situación legal de fóra de ordenación total de edificación correspondente a nave dedicada a xestantes de porcino e verróns sita en Denellón-Nantón, a favor de Jesús Cures Negreira ao abeiro da DT 3ª da Lei 2/2010, do 25 de marzo.

Visto que sobre esta nave Iván Cures Vidal solicitou licenza de obra para proceder á súa reforma interior para os efectos de adaptar a nave á normativa vixente.

Por todo o anterior, e para os efectos de tramitar a correspondente licenza de actividade, en cumprimento do previsto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG) poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Cabana de Bergantiños, 9 de agosto de 2012

José Muíño Domínguez
Alcalde