Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación de subministración (expediente 25/12).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 25/12.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración e instalación de equipamentos de gravación automatizada de clases compatibles coa tecnoloxía aberta Opencast-matterhorn.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Campus Universitario As Lagoas-Marcosende e Vigo centro en Vigo; Campus de Ourense e Campus de Pontevedra. De acordo co detalle de localizacións detallado no prego de prescricións técnicas.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310; Ourense, 32004; Pontevedra, 36005.

e) Prazo de entrega: dous meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38000000-3 e CPA: C-26.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación.

1) Calidade técnica da oferta: 50 puntos.

2) Oferta económica: redución do importe máximo de licitación: 35 puntos.

3) Melloras do equipamento: 15 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 85.000 euros.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto 85.000 euros + 17.850 euros de IVE para soportar.

6. Garantías exixidas: Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outras informacións: Proyecto Innocampus. Expediente CEI-10-1-0006, no marco do Programa Campus de Excelencia Internacional. Financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Vigo, 13 de agosto de 2012

P.S. (Resolución do 8.8.2012)
Emilio Martínez Rivas
Vicexerente de Recursos Humanos