Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo que se indica (expediente 313/12).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 35 56.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 313/12.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: elaboración dun plan estratéxico do Campus da Auga no Campus de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: Campus de Ourense.

2) Localidade e código postal: Ourense, 32004.

e) Prazo de execución: 30 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 79419000-8 e CPA: m-70.22.3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 100.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 100.000 euros. Importe total: 121.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

Complementaria: non.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican nos puntos 11 e 12 da folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa, praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outra información: o presente servizo está financiado por un convenio coa Xunta de Galicia.

Vigo, 10 de agosto de 2012

P.D. (Resolución do 5.9.2011, DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo