Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2012 pola que se amplía o prazo de información pública do Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo, xunto co proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4-1, treito enlace de Rande-enlace de Cangas, e o proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña.

Mediante Resolución do 26 de xuño de 2012 da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas (DOG nº 139, do 20 de xullo), acordouse someter ao trámite de información pública o Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo xunto co proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4-1, treito enlace de Rande-enlace de Cangas, e o proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña.

Tendo en conta que o prazo de que dispoñen os interesados para consultas ou alegacións se desenvolve case integramente en período estival, resólvese, mediante esta disposición, ampliar o dito prazo ata o día 28 de setembro de 2012.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2012

Ethel Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas