Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33374

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2901/2009 PM).

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2901/2009 PM.

Materia: reclamación de cantidade.

Recorrente: Amable Manuel López Castro.

Recorridos: Cupa Pizarras, S.A., Ferlosa, S.L., Agrajes, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Lugo. Demanda 868/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2901/2009-PM a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 868/2008 do Xulgado do Social número 2 de Lugo, promovidos por Amable Manuel López Castro contra Cupa Pizarras, S.A., Ferlosa, S.L., Agrajes, S.L., sobre reclamación de cantidade, con data 19 de xullo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante contra a Sentenza de data 5 de marzo de 2009 ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Lugo, nos autos número 868/2008, seguidos por instancia do demandante contra as empresas demandadas sobre reclamación de cantidade, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Ferlosa, S.L., Agrajes, S.L., con último domicilio coñecido en Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial