Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33376

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1678/2009).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1678/2009-MRA.

Materia: outros dereitos seguridade social.

Recorrente: Tomás Arias Rodríguez.

Recorridos: Contratas y Promociones 92, S.L., Fernando Vázquez Uría, Avelino Murciego Fernández, Francisco Javier Lago Sánchez, Licesio Fernández Blanco, José Luis Gamarra Mondelo, Estrella Seguros, S.A.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Ourense. Demanda 344/2008.

Secretaria: María Socorro Bazarra Varela.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1678/2009-MRA a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Galicia, dimanantes dos autos número 344/2008 do Xulgado do Social número 2 de Ourense, promovidos por Tomás Arias Rodríguez contra Contratas y Promociones 92, S.L., Fernando Vázquez Uría, Avelino Murciego Fernández, Francisco Javier Lago Sánchez, Licesio Fernández Blanco, José Luis Gamarra Mondelo, Estrella Seguros, S.A., sobre outros dereitos seguridade social, con data do 23 de xullo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante contra a sentenza do 15 de decembro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, en autos 344/2008, confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nestas dependencias, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Contratas y Promociones 92, S.L., Avelino Murciego Fernández, con último domicilio coñecido na Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial