Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33372

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1296/2009).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Segunda da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 1296/2009 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o INSS, a TXSS e Centro de Estudios Prisma, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada María José Martínez-Fariza Conde, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza do 9 de febreiro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, no procedemento 822/2007, seguido contra o INSS, a TXSS e o Centro de Estudios Prisma, S.L., revogando a expresada resolución no sentido de que a cantidade obxecto de condena que a empresa codemandada lle debe reintegrar á expresada mutua ascende a 6.684,54 euros, confirmándoa en canto ao resto».

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma ao Centro de Estudios Prisma, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Río Ulla, s/n, A Caeira, Poio (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012

O secretario xudicial