De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de iniciación ditados nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e disposición transitoria 1ª do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).
Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles, desde a publicación, para exercer perante o/a instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.
A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra; rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.
Pontevedra, 27 de xullo de 2012
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: PO-312/12 NL.
NIF: 35405233.
Denunciado: Manuel Abelleiro Rey.
Domicilio: r/ Gradín, 37, 36680 A Estrada.
Establecemento: Area 72, sito na r/ Serafín Pazos, s/n, 36680 A Estrada.
Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.
Número de expediente: PO-315/12 NL.
NIF: 35464189Y.
Denunciada: María Beatriz Ageitos Buján.
Domicilio: r/ Carolinas, 70-4º A, 36600 Vilagarcía de Arousa.
Establecemento: bar Baión, sito no lugar do Rodo, nº 41, Baión, 36620 Vilanova de Arousa.
Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.
Número de expediente: PO-350/12 NL.
NIF: 76821886T.
Denunciada: Eva María Couto Gándara.
Domicilio: A Rocha, 14, Gaxate, 36853 A Lama.
Establecemento: El Puente, sito no lugar da Ponte, 26, Gaxate, 36853 A Lama.
Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.