Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-145/12 e PO-146/12 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de multa, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberán aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Caixa Galicia, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 26 de xullo de 2012

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº exp.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

Constantino Cabaleiro Acosta

36041684-V

PO-145/12

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Crisantemo, 4-3, 2I, Vigo

Multa de 90 €

Francisco Javier Meis Hernández

35459950-E

PO-146/12 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

Paseo Naval,17, 36626 A Illa de Arousa

Multa de 600 €