Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 19 de xullo de 2012 de non someter o Plan parcial do sector de solo urbanizable S-07 Venturiña, concello de Ames, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan parcial do sector de solo urbanizable S-07 Venturiña, concello de Ames, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental