Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se somete a información pública o Plan especial de ordenación do territorio do porto de Marín e Ría de Pontevedra.

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, ao abeiro do disposto nos artigos 86 e 88 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e en virtude da delegación conferida pola Orde do 15 de marzo de 2012 sobre delegación de competencias no secretario xeral e noutros órganos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (DOG nº 58, do 23 de marzo), con data do 9 de agosto de 2012,

resolveu:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de ordenación do porto de Marín e Ría de Pontevedra, formulado pola Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Segundo. Someter o dito plan a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no DOG e nos dous xornais de maior difusión da provincia.

Terceiro. Simultaneamente, notificar individualmente os propietarios dos terreos afectados que figuren como titulares catastrais e dar audiencia os concellos afectados.

Cuarto. Solicitar das administracións competentes os informes previstos pola lexislación sectorial.

En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública o referido plan, polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, e nas dependencias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 1º, 4º de Pontevedra, e presentar ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2012

Mª Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo