Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33242

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (786/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 786/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mara Liana Stanciuc contra a empresa Inxenia, Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L.U., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que considerando a demanda formulada por Mara Liana Stanciuc contra a empresa Inxenia, Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L.U., condeno esta a aboarlle a cantidade de 8.015,49 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0786 10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0786 10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inxenia, Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de xullo de 2012

O secretario xudicial