Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33240

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1162/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1162/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Gómez Naya contra a empresa Belle de Jour, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame literalmente din:

«Sentenza: 567/2012.

Nº autos: despedimento/cesamentos en xeral 1162/2011.

Autos: 1162/2011.

Na cidade da Coruña, 20 de xullo de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de María Pilar Gómez Naya, que comparece representada polo letrado Sr. Güemed Abada, contra a empresa Belle de Jour, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta por María Pilar Gómez Naya contra a empresa Belle de Jour, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 15.10.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, e condénoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade, salvo erro ou omisión, de dezaoito mil trescentos cincuenta e un euros e trinta céntimos (18.351,30 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata o 29.5.2012, tendo en conta que ascenden a oito mil douscentos noventa euros e catro céntimos (8.290,04 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso».

Advírtese ao destinatario, Belle de Jour, S.L. que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial