Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33243

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (354/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de José Antonio López Arias contra a Mutua Ibermutuamur, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, Talleres Domínguez e a administración concursal de Talleres Domínguez, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número 354/2010, acordouse notificar o seguinte ditame da sentenza:

«Decido que desestimo a acción sobre recoñecemento de incapacidade permanente formulada por José Antonio López Arias fronte ao INSS, a TXSS, a Mutua Ibermutuamur, a empresa Talleres Domínguez e a administración concursal desta, con absolución das demandadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lles efectúe a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0354.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0354.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Talleres Domínguez, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xullo de 2012

O secretario xudicial