Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33228

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4482/2008 VV).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4482/2008.

Materia: accidente.

Recorrentes: Mutua Fraternidad Muprespa. Letrado: Juan C. Vázquez García. Procurador: Pérez García.

Recorridos: Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Rodolfo Silva Soalleiro, letrado Virino Marcos Baamonde. Not. CIG.

Gallega Protecciones Industriales, S.L. r/ Camelias, 74-7º C (Vigo).

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 5 de Vigo. Demanda: 468/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4482/2008 VV a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 468/2008 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos pola Mutua Fraternidad Muprespa contra o Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rodolfo Silva Soalleiro, Gallega Protecciones Industriales, S.L., sobre accidente, con data 19 de xuño de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da Mutua La Fraternidad-Muprespa contra a sentenza de data 11 de xullo de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, nos presentes autos número 468/2008, en proceso sobre continxencia de I.T., promovido polo traballador Rodolfo Silva Soalleiro, fronte aos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, o Sergas, a Mutua Fraternidad-Muprespa e a empresa Gallega Protecciones Industriales, S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada. Condénase á perda do depósito constituído pola mutua para recorrer, ao cal se dará o destino legal unha vez adquira firmeza a presente resolución, manténdose o aseguramento prestado. Así mesmo, condénase a Mutua La Fraternaidad-Muprespa a que lle aboe á parte demandante, impugnante do recurso, en concepto de honorarios do seu avogado, a cantidade de trescentos euros (300 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Gallega Protecciones Industriales, S.L., con último domicilio coñecido en r/ Camelias, 74, piso 7 C de Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

A secretaria xudicial