Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33227

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de xullo de 2012 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional enxeñeiro técnico industrial, grupo II, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertido un erro na citada disposición, publicada no DOG núm. 156, do 17 de agosto, cómpre facer a oportuna corrección.

Na páxina 33049, na cabeceira do anexo V, onde di: «...convocado por Resolución reitoral do 31 de xullo de 2012», debe dicir: «...convocado por Resolución reitoral do 27 de xullo de 2012».