Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33230

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2475/2009-PM).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento 959/2008 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, recurso de suplicación 2475/2009-PM, promovido por Leonardo Costas Prado contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Asepeyo, Talleres Nova, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Leonardo Costas Prado contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, de data 2 de marzo de 2009, ditada en autos número 959/2008, seguidos por instancia do referido recorrente, fronte aos demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo, así como fronte á empresa Talleres Nova, S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

-O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Talleres Nova, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial