Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (102/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 102/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Guerra Vázquez contra a empresa Javier Capelán Sanguino e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza o 15.6.2012 cuxo ditame é o seguinte:

Decido que debo estimar e estimo a reclamación por despedimento formulada na demanda de Manuel Guerra Vázquez, con DNI 33536247-Q, contra a empresa José Javier Capelán Sanguino, e cualifico como improcedente o despedimento do 12.12.2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos da data de hoxe, día 15.6.2012, e condeno a devandita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite 12.12.2011/23.4.2012

12.939 € (300 días * 43,13 €)

5.736,29 €

En canto á reclamación de cantidade acumulada á demanda de despedimento, acordo a súa tramitación separada nun novo proceso, para o cal se deducirá testemuño das actuacións.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do resgardo acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Javier Capelán Sanguino, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial