Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32749

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (160/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 160/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maximino Rellán Souto, Jorge Espasandín Suárez, Juan José Canosa Lema e José Antonio Lema Martínez contra a empresa Instalaciones y Reformas Refingal, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza o 14.6.2012 cuxo ditame é o seguinte:

Decido que debo estimar e estimo as reclamacións por despedimento formuladas na demanda reitora por Jorge Espasandín Suárez, DNI 53169551-Z, Maximino Rellán Souto, 32801054-H, Juan José Canosa Lema, 47364163-X, e José Antonio Lema Martínez, 76338056-K, contra a empresa Instalaciones y Reformas Refingal, S.L., e cualifico como improcedentes os despedimentos do 23.12.2011 e do 31.12.2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral dos demandantes coa empresa demandada, con efectos da data de hoxe, día 14.6.2012, e condeno a devandita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lles aboe aos traballadores as seguintes cantidades:

Sr. Lema Martínez:

Indemnización

Salarios de trámite 23.12.2011/14.6.2012

6.306,56 € (131,25 días * 48,05 €)

8.360,7 €

Sr. Canosa Lema:

Indemnización

Salarios de trámite 23.12.2011/14.6.2012

6.729,19 € (131,25 días * 51,27 €)

8.920,98 €

Sr. Rellán Souto:

Indemnización

Salarios de trámite 31.12.2011/14.6.2012

4.324,5 € (90 días * 48,05 €)

7.976,3 €

Sr. Espasandín Suárez:

Indemnización

Salarios de trámite 23.12.2011/14.6.2012

6.729,19 € (131,25 días * 51,27 €)

8.920,98 €

Que, estimando a reclamación de salarios formulada na demanda reitora por Jorge Espasandín Suárez, DNI 53169551-Z, Maximino Rellán Souto, 32801054-H, Juan Jose Canosa Lema, 47364163-X, e José Antonio Lema Martínez, 76338056-K, contra a empresa Instalaciones y Reformas Refingal S.L., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a empresa demandada a que aboe a cada un dos demandantes as seguintes cantidades: para o Sr. Lema Martínez: 7.312,21 €; para o Sr. Canosa Lema: 7.299,96 €; para o Sr. Rellán Souto: 7.718,65 €, e para o Sr. Espasandín Suárez: 7.299,96 €.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones y Reformas Refingal, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial